Accesibilidade audiovisual
A accesibilidade audiovisual comprende un conxunto de estratexias e ferramentas da realización audiovisual que apuntan a que todas as persoas poidan acceder ós contidos.
En Aptent, ofrecémosche todos os servizos que necesitas para facer os teus contidos audiovisuais accesibles.
Subtitulado para persoas xordas
Realizamos subtitulado adaptado de acordo á norma UNE 153010 dirixido a televisión, cine, YouTube e educación. Todo tipo de formatos. Ademais, realizamos a revisión dos subtítulos.
Audiodescrición para persoas cegas
Audiodescrición de acordo á norma UNE 153020 e segundo especificacións do cliente. Realización do guión, locución e montaxe. Audiodescrición para televisión e cine. Posibilidade de elixir entre diferentes voces.
Interpretación de lingua de signos
Interpretación en Lingua de Signos Española (LSE), Lingua de Signos Catalá (LSC) e Sistema de Signos Internacional (SSI).
Certificación Selo do CESyA
Posuímos a certificación A ++ do CESyA que avala a calidade dos nosos servizos para garantir o dereito ó acceso á cultura e á educación das persoas con discapacidade.
Transcrición
Transcrición de audio a texto de calquera tipo de contido e adaptado ás necesidades do cliente.
Tradución e subtitulado a calquera idioma
Tradución directa e inversa, pautado e particionado dos subtítulos. Todo tipo de formatos. Subtitulado en múltiples idiomas. Revisión de subtítulos.
Servizos de posprodución
Vídeos corporativos
Gravación, edición e montaxe do material audiovisual necesario para a implementación da accesibilidade.
Posprodución de audiovisual en lingua de signos.
Gravación, edición e montaxe de intérpretes de lingua de signos para pezas audiovisuais. Elección de intérprete e incrustación por croma da lingua de signos.
Formatos e ficheiros de audiodescrición
A audiodescrición entrégase como un ficheiro lineal independente mesturada coa banda sonora ou en formato para televisión como ficheiro ESEF (ESEF file) cos ficheiros WAV asociados.
Formatos e ficheiros de subtítulos
Exportación a diferentes formatos de subtítulos para televisión, cine e Internet (EBU STL, PAC, 890, Netflix Timed Text (DFXP), QuickTime Text, .SMIL files, Apple® iTunes® Timed Text (.itt), subtítulos DVB e moitos máis). Incrustación de subtítulos nun vídeo. Imaxes de subtítulos para autoría de DVD.
Gustaríache facer máis accesible o teu proxecto?
Contacto
- <a href="mailto:contacto@aptent.es">contacto@aptent.es</a>
- <a href=""a">916 244 065 </a>
Redes sociales