Proxectos

Aptent colabora en proxectos que, a través do uso da tecnoloxía, melloran a calidade de vida das persoas con discapacidade.

Teatro Accesible

Teatro Accesible (www.teatroaccesible.com) é un proxecto dedicado a incorporar medidas de accesibilidade no teatro en España. Nace no 2011 co apoio da Fundación Vodafone, o Centro de Rehabilitación Laboral Nueva Vida e a empresa de tecnoloxía e accesibilidade, Aptent.

O seu quefacer céntrase principalmente na incorporación de medidas de accesibilidade como subtitulado, audiodescrición e lingua de signos no teatro. Prové equipamento a centros culturais con sistemas FM para axuda auditiva e organiza experiencias inclusivas como visitas táctiles e coloquios accesibles.

MÍNIMO

MÍNIMO é unha aplicación móbil gratuíta de auto-adestramento auditivo centrada na comprensión da fala que pode ser utilizada en calquera momento e lugar. Está dirixida a usuarios de próteses auditivas e de implantes cocleares que necesiten adestrar a súa capacidade de discriminación auditiva mediante a oposición de parellas mínimas, é dicir, de palabras que difiren por un solo fonema.

Mínimo evolucionou no que hoxe é a plataforma COPLA.

SAAR

SAAR é unha ferramenta integral de xestión dirixida ós rexedores de teatro que lles permite –a través dun único dispositivo– dispoñer de todos os elementos que necesitan para desenvolver o seu traballo.

Dentro das principais funcionalidades desta ferramenta, atopamos:

  • Xestión de múltiples espectáculos e sincronización coa nube, facilitando o traballo entre distintos membros do equipo.
  • Almacenamento e modificacións do guión de rexedoría.
  • Xestión de pasadas.
  • Segmentación e categorización de eventos e inclusión en puntos exactos do guión.
  • Sincronización automática do audio do espectáculo co guión subtitulado para a súa emisión no recinto.
  • Axenda de contactos de equipo e reparto.

SAAR foi seleccionado como un dos cinco mellores proxectos das Axudas para a modernización e innovación das industrias culturais e creativas mediante proxectos dixitais e tecnolóxicos 2019 e estivo vixente ata o ano 2022.

Gustaríache facer máis accesible o teu proxecto?

Ir o contido