Accesibilidade Artes Escénicas

A través da incorporación de medidas de accesibilidade nas artes escénicas pódese lograr que as persoas con discapacidade sensorial e as persoas maiores desfruten da cultura en igualdade de condicións.

Ofrecémosche diversas solucións para facer os teus espectáculos accesibles.

Subtitulado adaptado

Servicio para persoas con discapacidade auditiva que ofrece a transcrición dos diálogos, identificación de personaxes mediante cores, etiquetas ou guións, información sonora e suprasegmental. Realizamos sobretitulado en teatro e ópera.

Tradución de libretos

Tradución de libretos de espectáculos a múltiples idiomas.

Subtitulado en aberto

Os sistemas máis comúns para subtitulado en aberto son o sistema de proxección de vídeo e o sistema de pantallas LED.

Sistema de proxección de vídeo

Con un ou varios proxectores de vídeo profesional cunha lente adecuada dependendo da distancia e das súas respectivas pantallas ou zonas de proxección que reflictan adecuadamente a imaxe.

Sistema de pantallas LED

As pantallas LED caracterízanse por ter unha densidade de cor máis alta e unha iluminación máis uniforme que inflúe positivamente na nitidez da pantalla.

Subtitulado en cerrado (móbiles)

Os sistemas de subtitulado en cerrado proxectan os subtítulos directamente ó móbil previo escáner de código QR. Permite a configuración de parámetros (i.e. tamaño de letra) e idioma de maneira individual.

Audiodescrición

Servizo de apoio á comunicación en forma de narración que inclúe información dos elementos visuais máis relevantes dun espectáculo escénico. Dirixido a persoas cegas e/ou con baixa visión.

Interpretación en Lingua de Signos

Lingua natural de carácter visual, xestual e espacial que corresponde ó medio de comunicación oficial para gran parte da comunidade xorda. Os espectáculos poden ser integramente interpretados en lingua de signos.

Bucle magnético

Sistema de FM de axuda auditiva conectado a un lazo de indución magnético individual que permite escoitar a obra nitidamente. Dirixido a persoas con implantes cocleares e/ou próteses auditivas en posición T.

Son amplificado

Sistema de FM de axuda auditiva conectado a uns auriculares binaurais que permiten escoitar a obra controlando o volume de maneira individual. Dirixido a persoas con perda auditiva e/ou próteses auditivas sen posición T.

Mochilas vibratorias

Dispositivos que se colocan no peito ou nas costas e converten as frecuencias do son en vibracións. Permiten conectar un bucle magnético individual ou uns auriculares e están dirixidas a persoas xordas e con discapacidade auditiva.

Touch tours (visitas táctiles)

Visita organizada previa á función accesible con audiodescrición, onde os asistentes coñecen elementos do vestiario, os útiles e a escenografía da obra á que asistirán posteriormente. Dirixida a persoas cegas e/ou con baixa visión.

Lectura fácil

Sistema de escritura que permite unha lectura e comprensión máis sinxela dun contido abarcando o texto, as ilustracións e a maquetaxe. Dirixido a persoas con discapacidade intelectual e/ou dificultades de comprensión lectora.

Gustaríache facer máis accesible o teu proxecto?

LOGO APTENT BLANCO

Contacto

  • icono mail<a href="mailto:contacto@aptent.es">contacto@aptent.es</a>
  • icono teléfono<a href=""tel:+34">916 244 065 </a>
logos kit digital

Mapa web | Accesibilidade web © 2024 Aptent | Traballa connosco | Aviso Legal | Politica de cookies

Ir o contido